Sombra da muralla 2019

of 42

Please download to get full document.

View again

All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
PDF
42 pages
0 downs
0 views
Share
Description
2 SUMARIO SUMARIO e Equipo de Redacción.................................................................................................................2…
Transcript
2 SUMARIO SUMARIO e Equipo de Redacción.................................................................................................................2 EDITORIAL...................................................................................................................................................3 LETRAS GALEGAS..........................................................................................................................................4 ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS.................................................................................................................7 UN POBO, UNHA TERRA, UNHA FALA... ......................................................................................................9 PROXECTO SOMOS.........................................................................................................................................10 LEO LOGO EXISTO.........................................................................................................................................13 O NOSO CENTRO EN GALEGO.....................................................................................................................15 A VIDA DESPOIS DO XOÁN MONTES..........................................................................................................15 A MIÑA CHEGADA AO XOÁN MONTES.........................................................................................................16 A MIÑA ESTADÍA NO XOÁN MONTES...........................................................................................................17 VAI DE MANGA................................................................................................................................................19 O ENTROIDO EN GALICIA..............................................................................................................................21 PASÁMOLO DE CINE.....................................................................................................................................22 ACTIVIDADES EDLG.....................................................................................................................................23 Certame de grafitis...........................................................................................................................23 Obradoiro de radio...........................................................................................................................24 Obradoiro escénico.........................................................................................................................25 Teatro en galego...............................................................................................................................26 Encontro de música e poesía..........................................................................................................27 A FLORENCIA QUE FOMOS... ......................................................................................................................28 CADERNO DE ARTISTA................................................................................................................................30 ARTIGOS.........................................................................................................................................................31 Oposición ou carreira universitaria?...............................................................................................31 Queres perder o galego?..................................................................................................................31 DIETA DIXITAL...............................................................................................................................................33 CORRELINGUA.............................................................................................................................................34 CAMIÑO DE SANTIAGO................................................................................................................................35 PROMOCIÓN 2017-2019...............................................................................................................................36 CLUB DE LECTURA......................................................................................................................................38 Dunha novela á un paseo polo centro de Lugo............................................................................38 Club de lectura, viaxe cultural........................................................................................................38 E OS CAMIÑOS LEVARON A ROMA E POMPEIA.....................................................................................40 PARABÉNS......................................................................................................................................................41 AGRADECEMENTOS.....................................................................................................................................42 Equipo de Redacción e Edición no I.E.S. Xoán Montes de Lugo: Alumnado: Jennifer López Ramos, Abraham Pena Vila, Celia Veiga López, Eloy Vázquez Lamazares, Uxía Sánchez Regueiro, María del Pilar Rodríguez de las Cuevas, Ana Piñeiro López, Martin Domínguez Besteiro, Xosé Alfonso González Rodríguez, Iago Villasol Corral, Walter Junior Limo Celeiro, Ana Isabel Pena Rivas. Profesorado: Enrique Luís Sánchez Arias, Coordinador EDLG Corrección de textos Mª Consuelo Burgo Deseño de portada Martín Domínguez Besteiro Maquetación e tratamento gráfico Senén Olano Á SOMBRA DA MURALLA Curso 2018-19 EDITORIAL 3 A lingua ten historia, é historia, nela fala a sabiduría do pobo, nela ex- présase a cultura...por iso a lingua é a alma da sociedade ...con ela dicimos todo, sen ela, nada... A lingua é poesía,historia, novela e ensaio...á lingua é a fórmula...o código máxico que nomea as cousas os sente- mentos... A lingua é a valedora da cultura, da comunicación, das relacións humanas... é o repositorio do que é o humano e de como se expresa... Na lingua exprésase o pobo...den- de as teorías máis reputadas científica- mente aos refráns máis certos... Porque as linguas son formas de no- mear as realidades, e a realidade é todo aquilo que lle afecta ao ser humano, a lingua é o máis humano do humano. As linguas existen porque a persoa ten algo que dicir... porque ten algo que expresar...por iso non poden ter cancelas, por iso non po- Imaxe tomada da portada do libro “A nosa cultura”, Edi- cións Nono Art, Grupo Almirall, Barcelona, 1981. den parar...porque a dinámica vital non para, a terra non para... o humano non para... non para o amor, nin a curiosida- de... non para a historia; tampouco para a ciencia... non para o humano... non para o ser humano de preguntar, e responder, de facerse cargo da realidade, de cargar con ela, de encargarse dela... e iso faino coa linguaxe, coa lingua... a lingua expresa os desexos máis profundos, as inquedanzas... a lingua expresa a morriña, a saudade... tamén expresa o inefable, o máis profundo... A nosa lingua noméanos, nomea a nosa terra, a nosa paixase, o noso mar... nomea o noso ceo, as nosas árbores, os nosos amores, as nosas fobias, as nosas loitas....a lingua noméanos....sen cancelas. Ela vai máis aló da burocracia, máis aló das administracións, máis aló da cultura establecida e da alternativa... máis aló da prensa, da radio, das asociacións... mási aló da política... a lingua é iso, si... pero é máis...moito máis. Non ten cancelas! A nosa lingua é a lingua da nosa realidade... a nosa vida...nela nós vivimos, amamos, sentimos... con ela coñecemos, interpretamos... e transformamos a nosa realidade... unha realidade sen can- celas, unha lingua sen cancelas...en galego, sen cancelas; en galego sen gaiolas. FALA EN GALEGO! SINTE EN GALEGO! PENSA EN GALEGO! AMA EN GALEGO! VIVE EN GALEGO! Curso 2018-19 Á SOMBRA DA MURALLA 4 LETRAS GALEGAS C OMECEMOS POLO PRINCIPIO... QUEN É ANTÓN FRAGUAS... Á SOMBRA DA MURALLA Curso 2018-19 5 guas O día das Letras Galegas de 2019 estará dedicado a Antón Fra- Antón Fraguas protagonizará o Día das Letras Galegas de 2019. Así o acordou o Pleno da Real Academia Galega na sesión ordinaria celebrada na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña. Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Ga- legos (SEG) na mocidade, historiador, etnógrafo, director e presidente do Museo do Pobo Galego, profesor depurado polo franquismo e querido polo alumnado, narrador oral excep- cional e intelectual cunha popularidade pouco común, Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. Cos seus traballos e conferencias contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento, unha idea cuxa reivindicación segue a ser necesaria. Antón Fraguas, á esquerda nunha imaxe de 1925 e nos últimos anos da súa vida. Imaxes cortesía do Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega. A biografía de Antón Fraguas é un percorrido por boa parte da historia galega do século XX. Entrou en contacto desde moi novo co galeguismo, cando estudou bacharelato en Pontevedra, unha etapa decisiva no rumbo que seguiría. Alí empezou a xermolar, como alumno no Instituto Xeneral e Técnico, o seu interese pola cultura galega da man de do- centes como Antón Losada Diéguez, Castelao e Ramón Sobrino Buhigas. Foi, de feito, un dos fundadores, en 1923, da Sociedade de Lingua, nada co obxectivo de defender o galego e de elaborar un dicionario. Xa na etapa universitaria en Santiago ingresou, en 1924, nas Irmandades da Fala e colaborou co SEG, do que logo sería membro numerario. Nesta institución inaugurou en Galicia, baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica, e abordou o Entroido e outros temas sobre a súa terra. Curso 2018-19 Á SOMBRA DA MURALLA 6 Nestes tempos de mocidade publicou con asiduidade en Nós e A Nosa Terra. Co- mezaba unha obra, ampla e curiosa, con máis de trescentos libros e artigos de revistas, ademais de incontables anacos de xornais, nos que Galicia era o seu motivo esencial. Antón Fraguas escribiu sobre xeografía, cunha proposta de comarcalización da que aínda se pode seguir tirando proveito; cultivou a historia, deixando biografías de persona- xes ilustres como Murguía ou Castelao e a que foi a súa tese de doutoramento, sobre o Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela; e fixo tamén achegas á arqueoloxía. Pero o campo no que quizais máis destacou foi o do estudo da cultura cam- pesiña, e en especial da súa parte espiritual. Festas, crenzas, romarías, cantigas, usos e costumes, dicires etc. aparecen nos seus ensaios e conferencias que eran, en palabras do profesor Eiras Roel, non só amenos relatos, senón unha manifestación temperá e adianta- da para Galicia do que hoxe se deu en chamar a historia das mentalidades. Tras exercer como profesor auxiliar de Xeografía e Historia na USC, en 1933 incor- porouse como docente ao instituto da Estrada, posto do que foi separado ao comezar a guerra civil. Por este motivo tivo que dedicarse ao ensino privado, que exerceu nunha aca- demia propia, a Menéndez Pelayo, aberta en 1938 na rúa Algalia de Abaixo de Santiago. A partir de 1942, unha vez revisado o seu expediente de depuración, compatibilizou a direc- ción desta escola coa docencia na Facultade de Filosofía e Letras, que reclamara os seus servizos, ata que en 1950 gañou unha praza de catedrático de instituto. Ensinou primeiro no Instituto Masculino de Lugo e en 1959 acadou o traslado ao daquela Instituto Feminino Rosalía de Castro de Santiago, onde compaxinou o ensino medio co universitario ata a súa xubilación forzosa en 1975. Compaxinou o ensino coa investigación en contacto con distintas institucións como o Instituto Padre Sarmiento ou a Real Academia Galega, na que ingresou en 1956 co discurso Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago en Bonaval e en 1976 participou na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi director e presidente. Foi tamén, xa na Autonomía, coordinador da sección de antropoloxía cultural do Consello da Cultura Gale- ga. Desde estas palestras organizou e colaborou en congresos e xuntanzas científicas que serviron de foro de discusión e de posta ao día do universo da etnografía galega. Recibiu, entre outras distincións, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, a Medalla ao Mérito Cidadán e Cultural do Concello de Santiago, o Premio de Investigación (Fonte R.A.G.) Á SOMBRA DA MURALLA Curso 2018-19 ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2019 7 N a semana do 13 ao 16 de maio o EDLG do IES XOÁN MONTES levou a cabo as actividades seguintes: O día 13 de maio, celebrouse a Conferencia “Anton fraguas, e as ciencias huma- nas”, a cargo da museóloga do Museo Provincial de Lugo, Rosario Fernández González. Conferencia para 1º de BAC. Curso 2018-19 Á SOMBRA DA MURALLA 8 O dia 14 de maio o profesor, artis- ta plástico e arquitecto, Senén Olano ofreceu una conferencia titu- lada “Unha pequena historia do cómic” para 1º e 2º da ESO, e o día 15 de maio outra sobre a linguaxe cine- matográfica, para 3º e 4º da ESO. Como remate das actividades ce- lebrouse o día 16 de maio o acto de entrega de premios dos distin- tos certames e activi- dades levadas a cabo polo EDLG no presente curso. O acto contou con actuacións musi- cais, poemas recitados, e unha presentación global e xeral da figura de Antón Fraguas, en- tre outros. Á SOMBRA DA MURALLA Curso 2018-19 UN POBO, UNHA TERRA, UNHA FALA... 9 U n pobo, unha terra, unha fala… Esta afirmación encaixa á perfección coa his- toria de multiples pobos, entre eles o galego. A fala, o idioma, a lingua é unha das carac- terísticas fundamentais das xentes que forman un mesmo pobo ou incluso unha mesma nacionalidade, xunto coa cultura e tradicións propias. É así como multiples tribus africanas son consideradas pobos totalmente distintos dos seus veciños, pero habitualmente amisto- sas. Así como as tribus africanas os galegos somos un pobo diferenciado, de asturianos ou casteláns en parte grazas ao noso idioma, o galego. O galego foi durante séculos maltra- tado e deixado a parte, así como fomos os galegos que o mantivemos vivo. Pero resurdiu, resurdimos, un pobo novo, culto, forte. Un idioma que non entenden os imbéciles e escuros. O idioma de Breogán, da terra de Breogán, da xente de Breogán. É un idioma que, despois do seu rexurdimento a finais do século XIX, é de cultura, grazas aos grandes autores da nosa literatura, tales como Rosalía, Manuel Antonio, ou Méndez Ferrín; pero tamén conti- nua a ser un idioma popular, con mil variedades dialectais, extremadamente rico, ao alcan- ce de calquera que queira aprendelo e falalo, e que está tendo un novo rexurdimento entre a xente nova, o cal polo menos de momento asegura a sua supervivencia. Debemos coidar o galego, sempre, é o patrimonio de Galicia, sobre a muralla de Lugo ou a Catedral de Santiago, é unha loita que pode non ter fin pero que dende logo, merece a pena con creces. Xosé Alfonso González Curso 2018-19 Á SOMBRA DA MURALLA 10 PROXECTO SOMOS U n dos obxectivos do EDLG é : fomentar a escoita, imprescindible para mellorar e fomentar o uso oral, e mellorar a expresión escrita. Para isto, dado o número de alumnos e alumnas de orixe estranxeira no Centro, faise imprescindible continuar fomentando o uso do galego por parte deste alumnado continuando co PROXECTO SOMOS, que pretende que o alumnado estranxeiro se inculturice na terra empregando a nosa lingua e, á vez nós, enriquecernos coñecendo os usos e costumes das súas nacións. O Proxecto somos quere ser unha PONTE ENTRE CULTURAS. Imaxe de Walter Limo UN ANO EN VENEZUELA Un ano en Venezuela, comenza cunha arepa, no menciono as hallacas, porque a navidade pasou en Noite Boa. Á unha da mañá, todos vestidos de branco, para un ano de esperanzas cumpridas; e cheo de moita paz; todos con olor a laranxa, para atraer as bendicions; as maletas na rúa, Á SOMBRA DA MURALLA Curso 2018-19 11 para ano cheo de emocións. Os fogo artificiais resoando, de costa a costa, de punta a punta, presaxio dun ano con moitas rumbas. Segue o tres de xaneiro, con agasallos agochados polo lugar; e o dous de febreiro, día da Candelaria, facemos na paradura do Neno e desmontamos a Navidade. Entroido, sinónimo da guerra, pero de bombitas de auga, ovos e disfraces. E O Via Crucis en todos os colexios, cada acto moi especial. O Día do Nazareno, procesión nacional, o púrpura en todos os lados para a Cristo adorar. Os Diablos Danzantes de Yare, o día do Corpus Christi, máscaras feitas na casa e bailes por toda a cidade, un pabellón criollo en cada casa, e non fai falta nada máis. Veñen as vacacións, desde xullo hata setembro; visitando Los Roques, Los Andes, Los Médanos e El Amazonas; o quedaste na túa casa, vendo as caravanas dos estudantes sobrevivintes. E xa que volvimos á Nosa casa, Abrazando e bicando a todos; Comezamos cas gaitas en setembro, Porque para impuntais, nós. O Samaín non é moi especial, pero sempre hai unha que outra festa, porque o primeiro de decembro está moi lonxe, e sempre necesitamos unha festa. O primeiro, o Nadal, co nacemento e a árbore, unha guerra familiar, por ver cal queda máis bonita. A preparación das hallacas, tradición familiar, que para os nenos consiste en aprender a amarrar. Curso 2018-19 Á SOMBRA DA MURALLA 12 O 24, Noite Boa, a noite máis especial, volven os fogos artificiais e ir a todas as casas visitar. O 25, sen durmir, hai máis festa familiar, volvemos a dar agasallos, porque así é o Nadal. O 28 de decembro, ten importancia vital, día dos Santos Inocentes, volvémonos disfrazar. E chega a noite vella, seguimos cantando gaitas: La Grey Zuliana; La Gaita Musical; faltan cinco pa` las doce, o ano vai rematar. 12 campanadas, doce uvas, unha cullerada de lentellas, e unha copa de champagne. Eu sei que parecemos bruxos, pero eso é a maxia, o especial. De novo saímos coas nosas maletas, a ropa branca sin variar, esperando que o ano que entra, non deixa nada que desexar. Ningunha descrición é xusta, aínda faltan cousas que contar, deportes, rexións e culturas, que lamento tes que evitar; pero o espazo non os deixa, o que nos leva ao final. Por Sophia Salazar Á SOMBRA DA MURALLA Curso 2018-19 LEO LOGO EXISTO 13 A lectura, vai ser o meu principal tema do cal vou falar, interésame especialmente porque a historia é o período a partir aparición da escritura grazas a isto poidemos facer uso da lectura. Pero qué é a lectura? A lectura é ler, é dicir poder en- tender os signos escritos a través dos cales nos comunicamos. Desde moi antigo a xente empezou a lectura, lendo as maiores obras de arte desde La Biblia ata o Quixote, os libros máis importantes e rele- vantes no mundo, ler é gozar no tempo coñecen- do aventuras, escritos xurídicos ou relixiosos que marcan o comezo do ser human, é saber e cultura, a través deles transmitimos moitas cousas, o noso saber e costumes, pero... a xente xo úsa o pouco na prática, estamos a crear unha sociedade inculta carente de valores, egoís- ta que non lles importa nada os demais, non len, non saben nada, non coñecen o mundo, prefiren perderse o noso antigo modo de vivir, as nosas obras literarias e máis aínda as nosas crenzas, por iso é importante fomentar a lectura para que saibamos enfrontarnos as adversidades do futuro e formar o noso ser. Pilar Rodríguez de las Cuevas Imaxe, Walter Limo Curso 2018-19 Á SOMBRA DA MURALLA 14 O NOSO CENTRO EN GALEGO N este ano adicado ao etnógrafo Antón Fraguas algunhas aulas do Noso Cen- tro acollen unha exposición sobre refráns en galego. Os refráns amosan a sabedoría popular e falan do espírito colectivo e da idiosincra- sia propia da comun
Related Search
We Need Your Support
Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

Thanks to everyone for your continued support.

No, Thanks