Asubios 56

of 68

Please download to get full document.

View again

All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
PDF
68 pages
0 downs
0 views
Share
Description
Certame Letras Galegas Asunción Antelo DEBUXOS GAÑADORES P a rez 5º B E Yunay L ópez 3 Ald án Álv ADO R DEBUX º B EP B UXO GAÑ O GAÑ ADOR DE Coordina o EDLG…
Transcript
Certame Letras Galegas Asunción Antelo DEBUXOS GAÑADORES P a rez 5º B E Yunay L ópez 3 Ald án Álv ADO R DEBUX º B EP B UXO GAÑ O GAÑ ADOR DE Coordina o EDLG do CPI Alcalde Xosé Pichel ÍNDICE índice  Antón Fraguas (Alumnado da ESO) páx 1  Antón Fraguas (Alumnado de 4º EP) páx 3  Merendas saudables en Educación Infantil páx 8  O Samaín no Pichel páx 11  1º e 2º de Educación Primaria páx 22  Nadal páx 25  3º e 4º de Educación Primaria páx 26  As entroidadas do Pichel páx 29  Aula de 5º e 6º de Educación Primaria páx 31  Actividades do departamento de Francés páx 34  Une super journée!!!- Unha super viaxe!!! páx 37  Intercambio lingüístico co IES Otero Pedrayo páx 39  Actividades do departamento de Lingua e Literatura Castelá páx 40  Coristranca, o club de lectura con retranca páx 42  Actividades na Biblioteca Asunción Antelo páx 46  Patacalabs na Galiciencia páx 50  Actividades do EDLG páx 51  Facendo historia no Pichel páx 54  Celebrando as Letras Galegas- Certame Asunción Antelo páx 55 1 ANTÓN FRAGUAS Antón Fraguas Fraguas nace en Loureiro, unha parroquia do municipio pontevedrés de Cotabade. Iniciou os seus estudos de bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e Antonio Losada Diéguez. Posteriormente, marchou a Santiago para estudar filosofía onde se licenciou en 1928. Con só 18 anos foi un dos fundadores da Sociedade da Lingua en Pontevedra; o principal obxectivo desta sociedade era promover a defensa e o uso do galego, (que estaba a sufrir unha gran diglosia na sociedade da época) e publicar un dicionario que lamentablemente nunca puido ver a luz. Cando marchou a Santiago ingresou nas Irmandades da Fala e ao mesmo tempo comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos. En 1928 entrou como membro deste grupo nas seccións de xeografía, etnografía e folclore. Dentro do Seminario iniciou os estudos da xeografía histórica de Galiza, dedicándose particularmente as Rías Baixas e a súa terra natal, Cotobade. Como etnógrafo, empezou a realizar estudos das costumes do Entroido galego. Foi profesor do instituto de A Estrada dende 1933 ata comezos da guerra civil. Tras a sublevación militar do xeral Francisco Franco, sufriu unha fortísima represión polos seus idearios galeguistas e foi expulsado so seu traballo polas razóns anteriores. Alén disto tamén foi detido e tivo que borrar as pintadas a favor do Estatuto de Autonomía que fóra aprobado en Galiza e que estaba a punto de presentarse nas cortes en Madrid cando estalou a guerra civil española. Tivo que exercer a ensinanza privada ata que en 1950 recuperou a súa cátedra e puido doutorarse. Foi protagonista da transformación do Seminario de Estudos Galegos (que fora desmontado polo réxime fascista) no Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, no cal foi bibliotecario, secretario e director da sección de etnografía e folclore, publicando as súas investigacións na revista “Cuadernos Gallegos”. 2 En abril de 1951 foi nomeado membro da Real Academia Galega, ocupando o posto que deixara vacante Castelao. Foi presentado por moitos persoeiros da época como Otero Pedraio. Foi director do Museo Municipal de Santiago, ao cal doou a súa biblioteca particular, composta por 20000 volumes. No ano 1978 impulsa xunto con outros persoeiros a creación do Día do Enxalzamento do Traxe Galego dentro do marco das Festas do Apóstolo. Este proxecto tiña como fin a divulgación, a investigación e a recuperación da cultura e o Traxe galegos. Anos despois crease na súa honra o premio Antón Fraguas sobre o traxe tradicional. Este ano 2019 o día das Letras Galegas estará dedicado a este autor. Entre as obras que escribiu ao longo da súa vida podemos destacar:  Geografía de Galicia  Aquilino Iglesia Alvariño: vida e  Galicia insólita obra  Lugo  Romarías e santuarios  Murguía, o patriarca  Celso Emilio Ferreiro  Literatura oral en Galicia  La Puerta Santa  El traje gallego  Do Entroido  Aportacións ó cancioneiro de  As cousas de Antonio de Insuela Cotobade  A festa popular en Galicia Como podemos apreciar a maior parte das súas obras están dedicadas ao folclore a etnografía e xeografía galegos que el tanto apreciou e loitou, para devolver ao galego ao posto que debía ter e rematar por fin cunha diglosia que a que fomos sometidos dende a Idade Moderna. Marta Calvo en colaboración co alumnado de música de 4º ESO. Relato gañador no Certame das Letras Galegas na categoría de Monográfico 3 A vida de… Antón Fraguas Na escola, xa destacaba entre os seus compañeiros 4 5 Foi profesor nun instituto público, pero coa ditadura, perdeu a súa praza pola súa loita en defensa do galego. A partir diso, tivo que traballar no ensino privado. 6 7 Grupo de 4º de EP Banda deseñada gañadora no certame das Letras Galegas Aunción Antelo 2019 8 MERENDAS SAUDABLES EN 5º EI. Este proxecto XURDE ao inicio de curso de 3 anos, porque un dos nenos da aula era alérxico ao ovo. Para evitar posibles perigos, tivemos a idea de merendar todos o mesmo. O primeiro paso foi pedir a colaboración das familias para que buscaran fotografías de posibles alimentos para as merendas de media mañá coa súa respectiva etiqueta de ingredientes, as cales analizamos entre todos fixándonos se tiñan ovo ou Algunha traza de ovo. De todas as fotografías fomos vendo as cousas que non eran moi saudables, vendo a composición nos ingredientes e Algunhas delas decidimos eliminalas e quedarnos soamente con aqueles alimentos máis saudables. COMO ORGANIZAMOS A ELECCIÓN DO QUE IMOS MERENDAR? Despois de falar dos alimentos máis saudables e menos saudables, elaboramos un calendario de merendas semanal:  Os luns ía ser o día libre.  Martes, o día da froita.  Mércores, o día dos bocadillos.  Xoves, o día dos lácteos.  E os venres, o día das galletas ou cereais. 9 A METODOLOXÍA QUE IMOS EMPLEAR. Para levar a cabo o traballo desta rutina (a merenda), centrámonos en facelo a través da aprendizaxe cooperativa. E para iso dividimos a aula en equipos. Equipo Frozen Equipo Pin y Pon Equipo Blaze Neste curso xa incluímos os cargos que imos ter para traballar nos equipos de cooperativo: o coordinador; o mecánico, o encargado da voz, e o encargado do material, traballando con eles as funcións que ten que levar a cabo cada un. Estes cargos introducímolos paulatinamente, para que asimilen ben as funcións que se lle asignan. Unha vez que xa coñecemos ben as funcións de cada cargo, iremos rotando estes cargos cada 3 semanas, é dicir, cada vez, que comezamos un Plan de equipo novo. Ademais para levar a cabo este proxecto temos uns roles: o rol dos camareiros, dos cociñeiros e o rol dos encargados da limpeza. Estes roles tamén van rotando, pero esta vez facémolo cada semana. Cociñeiros Camareiros Encargados da limpeza 10 ŶůĂĐĞ ĚŽ ǀşĚĞŽ ŽŶĚĞ ŽƐ ŶĞŶŽƐ ĞdžƉůŝĐĂŶ ƚŽĚŽ Ž ƉƌŽdžĞĐƚŽ͗ ŚƚƚƉƐ͗ͬͬǁǁǁ͘LJŽƵƚƵďĞ͘ĐŽŵͬǁĂƚĐŚ͍ǀс:ĚϯnjdžϬWŬϲϰŽΘƚсϴƐ Como todos os anos, celebramos o Samaín no noso centro. 11  Concurso de cabazas. O SAMAÍN NO CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL. Como todos os anos, celebramos o Samaín no noso centro. O SAMAÍN NO CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL.  Concurso Como todos os anos,de cabazas. o Samaín no noso centro. celebramos Sara Álvarez  Concurso de cabazas. Sara Álvarez Brais Cane Sara Álvarez Ana Duarte Brais Canedo Brais Canedo  Decoramos as portas do centro. Ana Duarte ϮǑ ϭǑ ϭǑ ϮǑ Ana Duarte  Decoramos as portas do centro. ϭǑ ϭǑ ϮǑ ϮǑ  Decoramos as portas do centro. ϭǑ ϭǑ ϮǑ ϮǑ 12 ϯǑ ϰǑ ϰǑ  Lemos relatos de medo na biblioteca do centro. . Concurso de relatos de medo. E por suposto, non podían faltar os relatos de medo que o alumnado escribiu para festexar este día. Aquí vos deixamos os relatos gañadores......... 13 2º Educación Primaria 14 Sabela Villar 3º B EP 15 Anxo Andrade 6ºA EP 16 Uxía 5º B 17 18 19 A estación. “Sentímolo señora, pero fíxose o que se puido”. Despois destas últimas palabras, que o xefe de policía lle dixo a miña filla aquela mañá, ela derramou as poucas bágoas que aínda lle quedaban nos seus olliños desconsolados e inchados de tanta tristura. Marido e fillo, todo o que ela tiña, desaparecidos. Xusto o día anterior ao 31 de outubro. Estivemos todos buscando por eles. Familiares, amigos, policías, veciños: todos. Era coma se se esfumasen e, despois de todos os intentos, todos abandonaron a búsqueda, incluída a miña filla, que se adicou, entón a chorar. Polo que a xente dixo, o último lugar no que se viran fora ás portas da estación vella de Carballo. Entón, como xubilado de oitenta e seis anos que son, decidín ir dar un paseo pola zona, ignorando completamente que era a noite de Samaín. Ao pasar por alí, notei como algo escorregaba por min abaixo. En canto me sacudín e baixei a cabeza, logrei ver como una masa negra pegañenta se deslizaba coma unha serpe polo chan ata un recanto, tamén escuro, localizado nunha esquina do edificio. En canto chegou alí, una voz feminina comezou a berrar. Eu quedei estático, en parte porque correr á miña idade non era a mellor opción, e porque a curiosidade que había en min superaba o medo. De súpeto, aquela muller que estaba a pegar desagradables alaridos, apareceu diante miña. Era branca, de ollos grandes e negros e moi alta, tanto, que case podería ter mancado o pescozo do que tiven que subir a cabeza. Os beizos, sen apenas unha pinga de sangue, cada vez estaban máis preto da miña fronte, coma se me absorbese aquel alento frío que ao mesmo tempo queimaba. Aparteime, pero de pouco valeu: a muller subiu o volume moito máis do que xa berraba. Sentía que os meus oídos pouco máis ían aguantar, polo que decidín correr. Podo asegurar que pensei que morría de esforzo, máis o medo é libre e morrer, non quere ninguén. Pobre de min, que cando cheguei á parte traseira do edificio, puiden observar como o meu xenro e todas as persoas desaparecidas nos últimos meses, excepto o meu neto, estaban alí, naquel mural que todos os carballeses definíamos coma arte. Aquilo era un cárcere, e as formas de cores verdes e azuis non eran máis que os seus corpos enroscados entre si mesmos. Quedaba un oco e sabía ben para quen era. Alí acabei, como o vello de oitenta e seis anos que non esquecera que en todas as esquinas escuras hai sempre alguén ou algo vixiándote e, como dicía o meu neto: “se cres que hai pantasmas ou monstros, avó, mira a todos os lados menos arriba, non lles gusta sentirse observados. Dixéronmo.” Neses mesmos intres, a muller aparecéuseme outra vez, pero xa non era ela, era o meu queridiño neto, cuxa derradeira palabra antes de absorberme o mural foi: “Aviseite”. Victoria Porteiro Bértoa. 4º B ESO. 20 Arte. Conta a lenda que hai moitos anos, cando empezaron a aparecer os debuxos en paredes públicas representando todo tipo de cousas, houbo una morte masiva de xente. Ninguén sabía o porqué do ocorrido e cando revisaban os corpos deixaban de respirar, dun momento a outro, sen aparente motivo. A realidade era moi diferente. Totalmente diverxente. Pero iso ninguén o sabía. Ata que eu nacín. Toda a miña vida foi una tortura. Aquelas imaxes estiveran paseando pola miña mente desde que tiña catro anos. A miña vida resúmese en quince anos de sufrimentos e pesadelos desde aquel entón. Iso é incertidume. Estou feita de por qués e oxalás. Cada vez máis. Pero todo acaba ou se transforma, ou deixa de importar. Aínda que ese non foi o meu caso realmente. Non é que as miñas preguntas me empezasen a dar igual, senón que lles atopei respostas. E aquí as escribo, xunto coa miña “experiencia”, con esta dor de cabeza; por se, desgraciadamente, a alguén máis lle tocou vivir o mesmo ca min. Á idade de catro anos comecei a ver de repente e sen motivo escenas de sufrimento, xente pelexando con outra xente ou con animais ou incluso con seres inertes que nese momento cobraban vida. Eran completamente diferentes as unas das outras; aínda que tiñan algo en común: o desenlace. En todas, a parte máis débil ou máis en desventaxa da loita acababa morta. Pero non era una loita física, tratábase dunha loita psicolóxica. Nunca se chegaban a tocar e, se iso pasaba, non era dándose un golpe. O meu recente descubrimento foi que isto acontecía porque había un rapaz un tanto especial que coñecía o maior medo de todas as persoas ás que lles oía dicir a palabra “arte”. Entón, como se fose un imán, el ía collendo os medos desas persoas e tíñaos el tamén; e se quería liberarse dese medo, víase obrigado a rociar a persoa dese medo cun spray, que os levaba a un enfrontamento co seu peor pesadelo. E as persoas sempre perdía e morrían como castigo. Ata que un día, un deses desafortunados lle plantou cara e sobreviviu. E o castigo do adolescente do spray foi quedar atrapado nunha parede en vida. Pero sen poder moverse ou falar. Como se fose un mural. E para que ninguén o coñecese aparece tapando a cara con ese mesmo spray e con roupas moi escuras. E se queres liberarte da maldición ter que ir a esa parede e dicir a palabra maldita cinco veces. Pero non podo darche o enderezo, ou volverei a cargar coa maldición e non me liberarei nunca máis dela. Espero que isto che axude. Boa sorte. Necesítala. Lucía Bardanca Rojo 3º ESO 21 Conto de medo Hai moitos anos, cando os nosos bisavós era pequechos, había una lenda que aterrorizaba aos homes e mulleres de todos os campos. A lenda do triquiteo, un “home” creado polos seres máis malvados do planeta. Este ser non era realmente un home, porque non tiña practicamente parentesco con nós, pero considerábano coma un porque tiña una capacidade de pensar extraordinaria, maior que algunhas persoas. Ademais, os seus sentidos eran sobrenaturais: o olfato, mellor que o de calquera can de caza; a vista, superior a da aguia; un oído que non se pode comparar con nada existente; tiña un tacto moi sensible...mais non tiña gusto. O triqueteo tiña uns dentes ganes e una boca que permitía velos, de aí proviña o seu nome. Este ser, polas noites máis escuras do ano entraba nas casas dos que, naquel tempo tiñan máis recursos, coa súa mandíbula e co choque dos seus grandes dentes entre sí emitía un triqueteo as súas orellas, cando estes espertaban, el marchaba a catro patas e esperaba no Tellado da casas. Dende ese momento se a persoa non marchaba da casas, o triqueteo ía noite tras noite facer o mesmo ata que te volveses tolo. Claudia Pallas Marrozas 1º A ESO 22 QUE FIXEMOS ESTE CURSO EN 1º EP? Este curso en 1º EP fixemos moitas actividades, aquí vos deixamos unha pequena mostra das mesmas.  FAMILIAS LECTORAS . Para celebrar a semana do Libro e a Semana das Letras Galegas, as nosas mamás e papás viñeron a lernos contos á aula.  PARTICIPAMOS NO CONCURSO” SE EU VIVISE NO MONTE”. . FIXEMOS MARCAPÁXINAS PARA CELEBRAR A SEMANA DO LIBRO. 23  RECIBIMOS AS MOCHILAS LECTORAS.  PARTICIPAMOS NO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS ASUNCIÓN ANTELO. 24 AULA DE 1º EP: EU COMPROMÉTOME O pasado martes 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou por unaminidade o 2 de abril para poñer de relevo a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade. A mestra Ale e os seus alumn@s de 1º EP conmemoraron este día cun precioso vídeo. DÍA DA PAZ 2019 No mes de xaneiro alumnos e alumnas de infantil e primaria interpretaron dúas canción moi fermosas. Os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria interpretaron A danza da paz do grupo musical Mamá Cabra. A continuación alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º interpretaron unha adaptación da canción Whatever do grupo Oasis. Pasámolo xenial e fixérono como uns verdadeiros artistas. Noraboa! 25 NADAL. O Nadal chegou ao noso centro e con el o Concurso de Postais. Aqui vos deixamos aos gañadores!!!! Claudia Pallas 1º Alexandra Couto 1º A A Suelma Rodríguez 2º A Lucía Bermúdez 3º 26 RECOMENDACIÓNS LECTORAS 3º PRIMARIA Presentámosvos en primicia unha nova canle onde podedes recomendar aos vosos compañeir@s os libros que ledes durante este curso. Son moitos os libros que temos na nosa biblioteca, e as veces custa un pouco escoller cal imos levar para a nosa casiña. Pero, cal é mellor maneira de que aos nosos compañeir@s lles recoméndemos que libro gusta máis? Pois xa temos a solución! Creamos un noticiario onde eles e elas mesmos nolo contan! Esperamos que vos guste moito! Seguide así campioas!! A MELLOR AVENTURA É A QUE COMEZA CUN LIBRO! Vémonos pola biblio! 27 UNHA HORA DE LER MOI ESPECIAL! REALIDADE AUMENTADA! Durante a hora de ler os alumnos/as puideron gozar das tablets e iPads para ler e gozar cos libros de realidade aumentada! Encántanos ler! Moitas grazas á mestra Ana por amosarnos estes libros e seguir gozando da hora de ler! NAIS E PAIS DE CONTO! UNHA HORA DE LER EN FAMILIA! Bo día queridos/as lectores/as. Hoxe presentamos un novo espazo que nos gusta moito: AS NOSAS NAIS E PAIS CÓNTANNOS CONTOS!!! Moitísimas grazas ás nais e os pais colaboradores nesta nova actividade! 28 HARRY POTTER EN CONCERTO! Presentámosvos un pequeno concerto que tivo lugar na aula de música onde os alumn@s de 3º e 4º de EP escoitaron a canción “Hedwing’s Theme”banda sonora de Harry Potter. O noso compañeiro Carlos, xunto co seu instrumento interpretaron esta fermosa canción. Fíxoo xenial e tod@s quedamos abraiados, encantounos! Que saibades que na nosa biblioteca temos os libros de Harry Potter, animádevos a lelos? Animádevos na lectura destes libros que vos van a gustar moito! Pero para facelo máis interesante...a ver quen sabe estas preguntas: 1. Como se chama o autor ou autora dos libros de Harry Potter? 2. Como se chama o instrumento que toca Carlos? 29 AS ENTROIDADAS DO PICHEL E, como sempre, o entroido neste centro é incrible e, por suposto, moi orixinal. Este ano, os rapaces e rapazas de infantil e primaria decantáronse pola temática de seres mitolóxicos e do bosque. Como testemuñas do desfile, afirmamos que o fixeron xenial, sen medo e saudando coa chulería que dende logo fai falla nunha actuación entroideira! Centrándonos agora en secundaria, a temática é totalmente libre e déixaselles aos adolescentes decidir sobre a súa orixinalidade. Con iso, ademais de evitarmos protestas, conseguimos unha gran diversidade de actuacións moi reñidas, incluindo nelas a deste ano. Como inauguración do concurso, varias das nosas exalumnas (Vanesa, Nuria, Eva e María), xunto con alumnos que aínda están cursando a ESO, realizaron un remix con varias cancións, incluíndo nelas a parodia dos gorrillas do Land Rober. Ao ser feito maioritariamente por exalumnas, non entraron no concurso, aínda que si subiron moito o listón. A continuación deles, actuou un alumno de 2ºA disfrazado de Freddie Mercury cunha das súas cancións máis características do cantante e do seu grupo. Posteriormente actuaron por esta orde 1ºA co nome de “Lume na palleira”, 3º co nome de “As elfas do pichel”, 1ºB con “Todos Iguais”, 4º coa canción de “La cintura”, 2ºA co nome de “Fillos da rúa”, 2ºB de “Cisnes negros”, 1ºA e 2ºA con “Felices as 5”, 4ºA e 4ºB coa “Guerra de clases” e, finalmente, unha canción que non entrou dentro do concurso: “De zero a cento”. 30 Dende logo, a actuación final foi sorprendente, pois a profesora de música do noso centro, Pilar, conseguiu que todos os alumnos participantes fosen medianamente coordinados. Creo que todo o mundo estaría de acordo en que se este baile participara no concurso sería unha gran competencia. E, antes de pasar á parte dos/as presentadores/as, os gañadores do concurso foron: 2ºA coa canción “Fillos da rúa” no terceiro posto, os alumnos de 4º coa “Guerra de clases” en segunda posición e os alumnos de 3º, “As elfas do pichel”, no primeiro posto. Non nos esquezamos das presentadores que, ademais de participar en tres das actuacións, conseguiron animar ao público. Este ano, elas disfrazáronse de Concha (personaxe do Land Rober) e das súas amigas Maruja e Florinda, que elas mesmas inventaron. Co seu acento característico e cunhas perrucas ben rechamantes, as alumnas Sara, Laura e Victoria de 4º da ESO, presentaron as actuacións sen despeitearse. Conc
Related Search
We Need Your Support
Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

Thanks to everyone for your continued support.

No, Thanks